Os primeiros bebés editados xenéticamente

Fai ao redor de 5 días xurdiu unha noticia moi  impactante, que foi o experimento realizado a unhas xemelas bebés polo científico chino He Jiankui. Este consistiu nunha técnica de edición de xenes conocida como CRISPR para mutar un xen e facer así ás nenas resistentes contra o virus causante do sida; nel afirmabase que era o primeiro no que se editaban xenéticamente a uns bebés. Según dixo o científico, o estudio deu resultados efectivos e agora será entregado a comunidade científica para que sexa revisado con detenemento. As xemelas naceron sanas e felices e grazas a fertilización in vitro, que posúe tecnoloxía de modificación xenética, evitará que se infecten do VIH.

   He Jiankui tamén afirmou que non tiña como obxetivo eliminar enfermidades xenéticas, senon que o que quería era evitar un posible contaxio do sida. Tamén recalcou que os pais estiveron avisados dende un primeiro momento dos efectos ou riesgos que esta práctica levaba consigo. Sen embargo, o pai dos bebés, que era portador do VIH,  como sabía que nunca iba poder procrear decidiu someterse a este invento e a dia de hoxe, tanto el como a nai das xemelas mostranse moi felices pola operación realizada.

   Por outro lado, a Universidade de Ciencia e Tecnoloxía do Sur da cidade de Shenzhencoa que traballaba o científico anunciou que nunca recibiron a solicitude de permiso necesaria para levar a cabo a proba, polo tanto vai a ser investigado para determinar se violou as leis ou as regulacións. Esta quedou conmovida polo caso e calificarono como unha grave violación da ética. Tamén opinaron sobre este tema científicos da comunidade china e declararon que calquer intento de facer cambios nos embrións humanos mediante modificacións xenéticas é unha locura e que dar a luz a estos bebés leva consigo un alto riesgo para a persoa embarazada e sobre para o feto.

 

 

   Conclusión:

   Como podemos observar, unha vez máis a ciencia mostranos o porqué de ter que estar informados do que acontece nos nosos días. Non paramos de investigar e polo tanto estamos sempre creando novos proxectos. Neste caso, o científico He Jiankui vai máis alá e decide apostar pola modificación xenética duns bebés para evitar o contaxio do sida que sería transmitido polo pai destes.

   Na miña opinión, nesta actividade por moito que se violen os principios de ter un fillo“natural” penso que axudou a saír adiante a uns pais que perderan a esperanza dende un principio de ter fillos. Creo que todas as persoas deben ter unha libre opinión sobre como ter aos seus descedentes e se poden aforrarlle pasar malos momentos como neste caso a enfermidade do sida, debería ser apoiada a idea.

   Pola contra, como estamos vendo na maioría de opinións que aparecen en periódicos ou redes socias, a xente opta por culpar ao científico de traer ao mundo dous bebés “non naturais”. Esta escena recrease séculos atrás cando moitas das persoas que hoxe son consideradas xenios, naquel momento foron o desprezo de todo o público. Así pasou por exemplo con Wegener xa que cando mostrou a teoría da deriva continental case todos se rían del pero ao final resultou ter razón sobre o que afirmaba. Ao mellor nun futuro He Jiankui será premiado polo seu descubrimento pero de momento, ninguén decide apostar polo seu invento.

   Ainda que seguise habendo progresos nas terapias contra o sida, as novas infeccións seguen sendo un problema para moitos países e especialmente nos menos desenrolados como é o caso de África. Aquí a taxa desta enfermidade disparase ata chegar aproximadamente aos 25 millóns debido a que non teñen unha atención sanitaria adecuada nin os medicamentos necesarios.

 

 

 

4 Respostas a “Os primeiros bebés editados xenéticamente”

  1. laura martinez Dixo:

    Estou totalmente de acordo coa túa opinión xa que, tal e como dis ti, o paso que deu este científico pode que axude a humanidade nun futuro non moi lonxano.
    A ética é o que pode separar este “experimento” de ser un gran paso na ciencia a ser algo totalmente inhumano. Tal e como se comenta este virus afecta a unha gran porcentaxe da poboación, e poder erradicalo sería un gran adianto.
    Os portadores deste virus é obvio que non poden ter fillos pero, grazas a este descubremento (que se pode chegar a erradicar a enfermidade) si que poderían telos, aínda que fose de maneira artificial, como foi esta.
    Dende o meu punto de vista, o tema da ética pode chegar a retrasar moito os experimentos e, aínda que é certo que dende algunha que outra perspectiva isto non sexa “correcto”, tal e como dixo o propio He Jiankui: “Se non o fago eu probablemente o acabe facendo outra persoa”.
    En resumidas contas, esas nenas poden ser un gran acerto e á vez un gran erro.

  2. adriana moar Dixo:

    Este experimento fai que a ciencia e a medicina progrese moito, pero non estou de todo de acordo con que se elixan os seres humanos como se fosen a carta.
    Aínda que nesto estou en desacordo, pareceme un avance e unha vantaxe cara as enfermedades que acaban con moitísimas vidas no noso planeta, como o fai o sida ou o cáncer.
    Dentro duns anos seguro que este experimento dará o seu resultado, pero por agora segue sendo un misterio do que pasará con esas nenas, xa que para a maioría das persoas esto é algo amoral e pouco ético.

  3. raul rios Dixo:

    Eu considero que este experimento, na miña opinión, é completamente antiético. Penso que o xenoma dunha persoa, ou mesmo dun bebé que aínda non nacese, nunca debe de ser alterado por os posibles efectos que esta modificación podería traer. É sumamente perigoso xogar coa xenética, xa que se estas modificacións se levasen a cabo asiduamente, poderíasmos pór á especie humana en serios problemas para a súa supervivencia, xa que a selección natural entorpeceríase e podería chegar a colapsar o mundo tal e como o concebimos actualmente, onde se pretende (aínda que non sempre se consiga) que os máis aptos e válidos dominen ou predominen na especie. Estamos ante un acontecemento triste, que non ten nada que celebrar na miña opinión. Moita xente argumentará que é positivo, que axudará a limpar á nosa especie de moitas lacras xenéticas e de moitas desventaxas que temos no noso xenoma, pero debido a que o ser humano, por regra xeral, emprega estas modificacións no máximo beneficio, poderíamos comezar a ver non nun futuro moi lonxano a ciborgs ou mesmo a persoas perfectas, se cabe. Na miña opinión, é un gran desacerto.
    Por outra banda, opino que o científico chinés que levou a cabo estas modificacións esconde unha intención publicista e mesmo económica detrás disto, xa que considero que vai a aproveitarse da sona que lle aportou a polémica mundial.

  4. laura montaos Dixo:

    Baixo o meu punto de vista a manipulación xenética neste caso está xustificada, xa que se fai coa finalidade de evitar que as nenas poidan herdar do seu pai o VIH. Sen embargo non creo que se deba abusar deste tipo de técnicas para fabricar nenos cos rasgos que nos queiramos; é dicir non creo que se deba utilizar para crear nenos á carta.
    Por outra banda paréceme que este feito aporta moito a comunidade científica pero penso que aínda temos que agardar para poder ver se ten consecuencias nun futuro.
    Finalmente, paréceme ético sempre e cando se utilice de maneira xustificada; o problema e determinar o límite entre o que está xustificado e o que non.