Suxerencias para o tema que nos ocupará ata despois do nadal
Buscade publicacións, videos, noticias,… referentes a: herdanza biolóxica (xenética), hibridación do ADN, biotecnoloxía ( transxénicos, células nai e clonación, terapia xenética), e comentadeos tanto dende o punto de vista práctico ( industrial, sanitario,…) como dende o punto de vista ético (clonación humana, publicación do xenoma de cada individuo, …) .
Comentade no blogue a/as que vos parezan e tamén a vosa opinión.
Outra suxerencia: Escribide na sección de comentarios do noso blogue, sen perxuicio do que queira participar nos foros de debate do blogue guia.
Manuel Soneira