Europa prepárase para lanzar o BepiColombo, a misión ao misterioso planeta Mercurio.

 Viaxe a Mercurio

A Agencia Espacial Europea (ESA) lanzará a misión BepiColombo ao planeta Mercurio, xunto coa a Agencia Japonesa de Exploración Aeroespacial (JAXA), o próximo 20 de outubro.O obxetivo da misión será estudiar os misterios que ainda esconde o que é o planeta máis pequeno e o máis próximo ao Sol, e que están relacionados coa composición da súa superficie, o seu interior e o seu campo magnético.

Neste momento descoñecense fenómenos como por qué Mercurio ten un núcleo tan grande, que ocupa o 80% do volume, por qué se producen compostos volátiles na súa superficie ou como se orixina o seu campo magnético. Un dos misterios máis intrigantes é o de se Mercurio se formou máis alá da órbita de Marte e depois acabou expulsado ata as proximidades do Sol.

Coñecer todos estes detalles é de utilidade para entender as orixes do Sistema Solar e para sacar conclusións sobre exoplanetas lonxanos.

Resultado de imaxes para bepicolombo

A misión máis complexa da ESA

BepiColombo é a terceira misión ao planeta Mercurio, pero o cierto é que esta é unha misión máis avanzada que as anteriores.O motivo é que a misión está composta por dúas sondas distintas: un orbitador chamado «Mercury Planetary Orbiter» (MPO), e outro orbitador coñecido como «Mercury Magnetospheric Orbiter (MMO).

Ambas voarán xuntas asta Mercurio, a bordo dun segmento que funcionará como vela ou impulsor. Cando estén alí, separaranse e comezarán os seus traballos en distintas zonas do planeta.

Dúas misións en unha 

O orbitador (MPO)básicamente cartografiará a superficie de Mercurio, tomará imaxes de alta resolución, analizará a composición dos materiais do solo (descoñecida ata o momento) e analizará o campo magnético. Por outro lado, o orbitador (MMO), estudiará o campo magnético, a presencia de partículas de po e a exosfera.

Todos estes datos serán recollidos pola ESA e eniados á ESAC, donde se procesarán e distribuirán entre os investigadores. Asimesmo, as instrucións para a nave enviaranse dende o Centro Europeo de Operaciones Espaciales.

O preto que a BepiColombo estará do Sol obligou a diseñar dende cero o 85% das tecnoloxías empregadas. Por exemplo, vai equipada con un avanzado sistema de protección térmica de multicapas, para soportar o vento solar, con un sistema de refrixeración nos paneis solares e con un potente radiador. De feito, está previsto que a sonda teña que soportar oscilacións térmicas de entre -170º a 450ºC  e intensos ventos solares con partículas circulando a 400 km/s.

Aínda que a sonda podería chegar a Mercurio en cinco meses, as necesidades obligarana a apoiarse na gravedade de outros planetas para poder poñerse na órbita deste mundo. Por eso, haberá que facer unha viaxe de máis de sete anos e dous meses e 9.000 millóns de kilómetros.

Está previsto que a BepiColombo comece as súas operacións científicas en 2026. A misión durará un ano e poderá alongarse outro, antes de que os instrumentos se deterioren. Despois, pasarán varios anos asta que as dúas sondas se estrelen contra o planeta.

Conclusión

Como podemos observar neste traballo o universo é algo do que o ser humano coñece tan pouco que case podemos decir que non se coñece nada. Algo que dificulta moito ese saber é que non existen nin os medios físicos nin económicos para seguir con ese estudo. Todo isto aclaranos que o universo vai ser unha meta imposible para os humanos.

Se nos centramos no Sistema Solar xa estaríamos a falar de algo máis alcanzable pero eso non indica que que sexa un proceso lento e difícill. Pouco a pouco vanse coñencendo máis datos pero por agora esa información é moi escasa. A pesar de todo, noticias como a deste traballo dannos esperanzas para creer que día a día vamos avanzando nese campo descoñecido e que con pequenos progesos pódese chegar a grandes descubrimentos.