Achado un novo planeta anano nos confíns do Sistema Solar.

 

A crónica científica está en continua evolución, e é caracterizada pola rapidez coa cal actualiza a información. E esta semana, como non ía ser menos, atopouse unha nova novidade no noso sistema estelar. Un equipo de astrónomos estadounidenses descubriron a existencia do mencionado pequeno astro nos confíns do Sistema Solar. Apenas ten 300 km de diámetro, e atópase a unha distancia mínima do Sol de 9 750 millons de kilómetros e a unha distancia máxima de 345 000 millóns, xa que non xira dunha maneira concéntrica ao redor do astro rei. Foi bautizado co nome en inglés de “The Gobblin”, que significa literalmente “O Trasno” en galego, debido a que a súa descuberta foi días antes da noite de Samaín. 

 

David Tholen, astrónomo da universidade norteamericana de Hawái, expresa que aínda queda moito por facer, xa que cre que pode haber milleiros de pequenos obxectos como 2015 TG387 (nome técnico do susodito astro) nos límites do Sistema Solar, pero a distancia que gardan co noso planeta fai que atopalos sexa moi difícil.

Cómpre destacar o pequeno tamaño do planeta, de case 13 veces menor magnitude ca o outro planeta anano máis cercano, Plutón. “The Gobblin” foi detectado por primeira vez o 13 de outubro de 2015, nos observatorios que a universidade hawaiana ten no punto máis alto da topografía do estado, o Mauna Kea. A pesares de que xa van 3 anos do descubrimento, este non se fixo público ata día de onte, cando constou nun boletín da Unión Astronómica Internacional.

Pero o máis interesante deste descubrimento non é a mera existencia do astro, senon que debido aos patróns de movemento que presenta o planeta desprende a posibilidade da existencia dunha “superterra” máis alá de Neptuno, cun tamaño 10 veces superior ó do noso planeta, xa que só un empuxe gravitatorio como o que lle induciría este hipotético superplaneta podería explicar que “The Gobblin” tarde 40 000 anos en dar unha volta completa ó Sol.

Hai dous anos, os astrónomos Konstantin Batygin e Michael E. Brown, do Instituto Tecnolóxico de California, xa postularan a existencia do mencionado superplaneta, que sería o noveno do noso sistema, xusto despois de Neptuno. Bautizaron a este hipotético astro como Planeta Nove ou Planeta X. Chegaron a esta conclusión dun xeito parecido ó que sucedeu co planeta anano descuberto, xa que observaron os presuntos efectos nas órbitas de seis corpos situados no cinto de Kuiper, situado máis alá do oitavo planeta.

A pesar de todos estes indicios, aínda non se efectuou ningunha simulación que poida demostrar a existencia do Planeta X, aínda que o prestixioso astrónomo Guillem Anglada lle dé credibilidade a este achado, xa que considera que é difícil errar neste tipo de predicións, sobretodo se estan tan ben fundamentadas como é este caso. Afirma tamén que nun futuro non moi lonxano seguramente se atopen máis planetas como este.

Comentario:

Esta noticia amosa como a crónica científica se está a actualizar continuamente debido aos avances que se van sucedendo. Pero o máis interesante dela non é o mero feito da descuberta de “The Gobblin”, ese planeta anano situado máis alá de Plutón, senon a existencia dun superplaneta que debido á súa influencia gravitatoria poida explicar os inusuales patróns de movemento do planeta anano. Pódese observar moi ben como unha descuberta desprende dela moita outra información que a liga a outros descubrimentos, o que demostra que a ciencia é unha disciplina interconectada, en continua evolución. Ademais, abre as portas a un futuro fito científico, que seguramente mudará a percepción do Sistema Solar tal e como o entendemos hoxe en día, debido ao cal pasaremos a falar de haber 8 a 9 planetas. E esa é a razón pola cal esta noticia destaca entre moitas outras que falan de descubrimentos de planetas, xa que grazas aos avances actuais e a misións espaciais como Kepler, a descuberta de novos astros no cosmos é algo, cando menos, usual.

 As imaxes que se atopan a continuación amosan a ubicación do planeta anano en cuestión máis unha fotografía do planeta tomada o día da súa descuberta. Aparece indicado por unha frecha verde.

 

imagen

imagen

 

Unha resposta a “Achado un novo planeta anano nos confíns do Sistema Solar.”

  1. martin regueiro Dixo:

    Al leer este artículo me sorprendió mucho lo del noveno planeta o Planeta X. A mí eso me sonaba de los dibujos animados conocidos como Looney Tunes y, aún que te parezca una broma de mal gusto, es verdad. Digo esto porque lo del Planeta X es el tema principal de muchos libros y series de televisión y por eso, se me hace raro creer que todas esas historias están basadas en argumentos científicos.