Unha lúa fora do Sistema Solar

Despois de décadas traballando para descubrir novos planetas atopouse unha exolúa. É do tamaño de neptuno e orbita a un gran planeta gaseoso.

Logo dos últimos anos apareceron moitos exoplanetas e xa hai uns 3800 na lista según o que di a NASA. Pero o que se preguntan é; se hai exoplanetas, por que non iba a haber exolúas? Se so Xúpiter ten arredor de 79 lúas e sumando todas as do Sistema Solar son arredor de 200. Polo que, por que non iba haber satélites arredor de algún exoplaneta, se destes hai case 4000 na lista da NASA?

Os científicos din que hai grandes posibilidades de que existan, pero o problema é que os exoplanetas xa están demasiado lonxe como para canto poder chegar a estas lúas. Por iso a presentación da posibilidade de que esta fose a primeira exolúa, atraeu moito a atención de todos os científicos. Según explican os seus descubridores explican na revista Science Advances que a puideron indetificar polo seu gran tamaño (ten un diámetro case tan grande como Neptuno, 2700 km) e orbita arredor dun exoplaneta gaseoso do tamaño de Xúpiter (chamado Kepler 1625b dun diámetro de 142984 km). No noso sistema non existen lúas así de grandes, esta atópase a 8000 anos luz.

Foron Alex Teachey e David Kipping, uns investigadores da Universidade de Columbia (EEUU), os que confirmaron a exitencia desta lúa; analizaron os datos de 284 planetas descubertos polo telescopio Kepler, diseñado para encontrar mundos fora do Sistema Solar. Todos os planetas tiñan a particularidade de que tardaban máis de 30 días en dar unha volta á súa estrela, polo que deduciron que tiña unha orbita grande. Logo mediron a disminución no brillo da estrela que se produce cando o planeta pasa por diante da estrela e viron que o Kepler 1625b  presentaba anomalías.

Isto serviulle para dispoñer dun telescopio moito mellor (o Hubble) que lles puido proporcionar datos catro veces máis precisos que co telesccopio Kepler. Estiveron observando o planeta por 19 horas (que foi o que durou o seu tránsito diante da estrela) ademáis de tres horas posteriores,; o Hubble detecta logo un descendo no brillo da estrela máis corto e pequeno, o que tería sentido ca existencia dunha lúa que orbitara nese planeta, según dixeron os astrónomos. Logo dunhas 40 horas xa se lles acabara o tempo de utilizar este telescopio, polo que non puideron acabar de medir o tránsito completo da lúa.

Por iso os descubridores aínda son cautos sobre os resultados xa que, aínda que cren que están ante a primeira exolúa observada, pero precisan máis observacións para confirmalo. “Estamos deseando someternos aos exames de recoñecemento e averiguación exacta disto, da comunidade astronómica e esperamos todo tipo de reaccións dos nosos colegas, dende a emoción ata o exesticismo que é algo fantástico porque é parte do proceso científico” comenta Alex Teachey.

“En Maio do 2019 volveremos a observar o tránsito dese exoplaneta. Como é moi largo, xa que dura 19 horas, é imposible observalo nun evento completo cun único telescopio terrestre asique necesítase un telescopio espacial. O Spitzer podería ser unha boa opción, pero o Hubble é mellor para conseguir, así que queremos que nos den máis tempo para observalo” explica. (Os astrónomos teñen os ollos postos nun novo telescopio pero o seu lanzamento vai a ser posposto ata o 2021)

Para Guillem Anglada (astrofísico español), un dos maiores expertos mundiales en exoplanetas comentou que: “A cautela dos autores está xustificada xa que, aínda que o traballo é sólido, a detección non é de todo clara e agora mesmo é o que mellor poden facer e como eles din hay que mirar máis obxetos e a ver se a evidencia da presenza de luas se acumula, asi como tomar medidas sobre o obxecto”

De feito Anglada di que máis que unha lúa, están falando dun planeta binario xa que é un Xúpiter orbitado por un Neptuno. 

Os científicos están contemplando que haxa polo menos outra detección ao largo do próximo ano, pero os progresos serán lentos. O máis probable e que encontraremos lúas orbitando planetas que están a bastante distancia das estrelas, nas rexións frías dos sistemas planetarios, o que supón un novo reto para os investigadores.

Anglada coincide con Teachey en subrayar a dificultade de descubrir lúas tan lonxanas: “Primeiro hai que atopar un planeta que poida telas, principalmente xigante e que non estea demasiado cerca da estrela e que ademais transite. A probabilidade de que todos estes requisitos coincidan é moi baixa, diríase que hai un 0.05 % de probabilidades. E ademáis a lúa ten que ser o suficientemente grande para que poida ser detectado con un so tránsito”

Sobre a posibilidade de que as exolúas sexan habitables dise que en principio sería difícil posibilidad de que exista vida coma na Terra sin que haxa unha superficie sólida ou líquida, pero, nunca se sabe pero, co difícil que é detectar exolúas buscar nelas vida é un pouco subrealista polo menos nestas épocas.

luas_1.jpg

Comentario:

Esta noticia contanos que fai unhas semanas se “atopou” unha exolúa de prácticamente o mesmo tamaño que Neptuno e que orbita arredor dun planeta gasoso xigante moi parecido a Xúpiter; isto soubose cando dous científicos da universidade de Columbia en Estados Unidos se puxeron a investigar moitos dos exoplanetas existentes para a ver se eran capaces de descubrir algún máis.

Investigando un exoplaneta, exactamente o Kepler 1625b, miraron o seu ciclo e viron que o planeta presentava un intervalo de tempo no que non emitía luz, polo que ao principio se deduce que pode chegar a ser unha lúa o que explique ese “fenómeno”.

Os científicos chegan a pedir un novo telescopio para poder observar mellor o ciclo dese planeta e averiguar se de verdade están fronte unha exolúa, pero logo das 40 horas que tiveron para dispoñer dese telescopio e ver o planeta, non poden chegar a afirmar a existencia desa exolúa e esperan poder volver a tentalo outra vez, cun telescopio máis potente. Xa que, descubrir lúas que sexan tan lonxanas eé unha misión moi difícil.

Esperamos poder atopar moitas máis!!