A pegada do animal máis antigo

Os investigadores estiveron rastreando signos moleculares de vida animal en rochas sedimentarias de Siberia, India e Omán. E atopáronse con que era posible que as esponxas existiran nos fondos oceánicos 100 millóns de anos antes do período Cámbrico.

Os primeiros representantes do reino animal poboaron os océnaos fai 600 millóns de anos. Aínda que os seus corpos que deixaron na rocha nos ofrezan probas máis que suficientes para falar da súa existencia, ainda non se sabe moito sobre este grupo de criaturas que precederon aos seres máis complexos. Algunhas tiñan forma ovalada, como a dickinsonia e outras con forma de folla ou pluma como as charnias, outros eran antecesores directos das criaturas de hoxe en día coma as esponxas de mar. Os investigadores da Universidade de Riverside en California, preséntannos a proba máis antiga da vida animal, que pertence a unha esponxa que viviu fai entre 660-635 millóns de anos.

O análise das rochas sedimentarias procedentes do sur de Omán revela restos de moléculas que solo produce un tipo de esponxa que ainda persiste na actualidade (demospongiae). Os resultados confírmannos que estas foras de vida existían oito antes da explosión da vida multinuclear (no período Cámbrico, fai uns 530 millóns de anos, que se traduxo nunha rápida aparición e diversificación de organismos complexos.

Encontrar probas de vida complexa anterior a esta explosión e moi complicado, xa que non hai restos orgánicos visibles e os que se atoparon ata o momento eran fundamentalmente impesións fosilizadas en rochas sedimentarias. Pero os investigadores en vez de buscar nos sitios convencionales, que serían esas rochas sedimentarias, buscaron restos rastrexando signos moleculares da vida animal (biomarcadores) en rochas e aceites de Siberia, India e Omán. Así descubriron un tipo de esteroide producido solo por esponxas de mar (unha das primeiras formas de vida animal).

As esponxas eran probablemente moi pequenas e, ao carecer de esqueleto non deixaban un rexistro fósil corporal fácilmente recoñecible; asique os fósiles moleculares son claves para rastrexar estos “animais” tan antigos. A pesar do longo período de tempo que pasou e todos os cambios xeolóxicos producidos dende entonces, moitas das moléculas simpkes que algunha vez formaron parte das células destes organismos aínda perduran. O que os investigadores fan e buscar biomarcadores distintivos e estables que indiquen a existencia de esponxas e outros animais primitivos.

Para conseguilo precisaron facer un rastrexo químico.

As moléculas complexas como o ADN ou as proteínas non sobreviven moito tempo logo da morte do organismo, pero sen embargo as moléculas máis pequenas e estables si que o fan. Neste caso o bio,arcador que puideron indentificar os investigadores e un composto procedente dun esteroide chamado 26-metilo de estigmasta (26-mes), que ten unha estrutura única que so conteñen certas especies de esponxas actuais, chamadas demosponxas. Este biomarcador é a proba de que as demosponxas (uns animais multicelulares) se atoparon nos mares antigos fai 635 millóns de anos, 100 millóns de anos antes que o Cretñacio e a “Bomba da vida” que se produce no período.

Ainda que os esteroides se suelen relacionar co deporte, en ralidade o término refiérese a unha clase moito máis amplia de sustancias químicas situadas nas células de todas as criaturas complexas (animais, protozoos ou fungos). Existen diferentes variedades que se poden utilizar para identificar o organimo que o produce.

En 2009, o mesmo equipo de investigación realizou o mesmo traballo probando a existencia de biomarcadores do período neoproterozoico, solo qeu cun esteroide diferente chamado 24-isopropilcolestano (24-ipc). Sen embargo, naquel caso a proba non resultara definitiva, xa que ese mesmo biomarcador se atopaba nalgúns tipos de algas. O descubremento do 26-m, que é exclusivo en demosponxas, é unha proba más sólida sobre a súa presencia e datación.

“Con este rexistro dos dous marchadores atopados en rochas antigas, xa non se pode atribuír a unha rama aislada ou a un grupo de demosponxas extintas, a capacidade de producir estos esteroides probablemente surxa no profundo do árbol fitoxenético das demosponxas, aínda que hoxe afecte a unha amplia variedade de esponxas modernas” Sinala o responsable do equipo de investigación.

Comentario:

Este artículo fálanos sobre o descubremento duns especies de fósiles que nos mostran que a vida non comezou no período Cámbrico senon que comezou  100 millóns de anos antes. Descubrirono cando analizaban restos de aceites e rochas en Omán, neles recoñeceron biomarcadores (restosde signos moleculares de vida animal) que se atopan tamén nunhas esponxas de mar actuais chamadas demosponxas. Grazas a isto soubose que foi posible a existencia de vida animal nos mares primitivos antes do que tiñamos previsto.

 

Unha resposta a “A pegada do animal máis antigo”

  1. raul rios Dixo:

    A ciencia atópase nunha continua evolución, na cal cada vez se van descubrindo novos achados arqueolóxicos que após da datación, pasan a ser datos importantes dentro da comunidade de científicos no caso de comportar un cambio co resto de información que se tiña ata o momento. Debido a que o ser humano se foi distribuindo ao longo de todo o globo terráqueo, atopamos restos arqueolóxicos dos nosos antepasados evolutivos en sitios moi dispares. A pesares de que a maioría da comunidade científica coincide en que o xénero Homo se orixinou en África, os novos descubrimentos xorden dúbidas sobre o modelo teórico aceptado, xa que se comezan a atopar vestixios antigos por Asia.
    O artigo, na miña opinión, sintetiza moi ben os datos principais a considerar, ademais de aportar unha mostra mais dos avances científicos.