Explicación da teoría de cordas

    Esta foi achada polo científico Gabriele Veneziano  cando en 1968 definiu a teoría de cordas como unha teoría na que as partículas subatómicas (unidades moi pequenas atopadas nos átomos) son cordas vibrantes. Según algúns científicos, estes propuxeron que a teoría de cordas podía explicar o fenómeno da gravidade xa que tamén contén información sobre a estrutura do universo.

    O que se pretendía con ela era unificar os grandes elementos que se atopan na natureza partindo das partículas máis pequenas que existen, as partículas atopadas dentro do átomo. Dicíase que estas partes máis pequenas do universo non eran puntos, senon que eran cordas ou finamentos de enerxía que podían vibrar, dando lugar con cada vibración a un tipo diferente de partículas con cualidades diferentes. Entón, a partir de eso pensaron que un electrón era unha corda con forma de lazo que dependendo da maneira que vibrara podía ser un electrón ou un quark.

    As cordas ou filamentos dos que estamos a falar poden dividirse en porcións máis pequenas dando lugar a novas partículas. Por outro lado, estas tamén poden xuntarse e volver a crear unha sóa corda.

    Tamén hai que resaltar que as fórmulas utilizadas por Einstein na teoría da gravidade concordaban cas da investigación de que o  universo estaba formado por 4 dimensións en vez de 3. Máis tarde, a Oskar Klein ocurriuselle que quizáis podía haber dous tipos de dimensións: unhas grandes fáciles de ver e outras máis pequenas con formas rizadas. Logo a partir desto foi cando cando os científicos se plantearon a idea de investigar cal era o elemento máis pequeño que forma o mundo tal e como o conocemos, así incluso poderían chegar a como se formou o universo.


    Conclusión: neste resumo podemos ver como a teoría de cordas contén a explicación de que as partículas máis pequenas (que son as que forman os átomos) non son puntos, senon obxetos extensos, como cordas que vibran. Segundo a maneira da que vibren (máis forte ou máis débil, máis rápido ou máis lento) estas poden dar lugar a distintos a elementos e así ata formar o que temos ao noso arredor. Tamén vemos como o descubrimento desta en parte foi grazas a Einstein xa que foi a persoa capaz de dar coas fórmulas que máis tarde se incluirían na teoría de cordas.

    Resulta interesante ver como, ao final, os átomos que nun principio parecían redondos acabaron sendo alargados e tamén que dependendo da vibración e de como se xunten poden dar lugar a cousas tan grandes e complexas como un balón de fútbol.