Relixións alimentarias

    Hoxe en día podemos comprobar que en moitos establecementos, un deles o supermercado, intentan vender productos como se fosen medicamentos. É dicír, intentannos convencer de que hai iogures que curan o colesterol, chocolatinas que preveñen a diabetes, aceites que adelgazan… e que sabemos que non é certo pero moita xente compraos igual pensando que van facer efecto. Nada de estas cousas é un medicamento xa que para selo necesitan pasar certos ensaios clínicos e ainda así vemos como estas mensaxes falsas entran na conciencia de moitas persoas sendo logo, un engano para a saúde do pobo. Como excusa utilizan as etiquetas de “bio”, “natural”, etc. para afrontar as críticas da xente que sí sabe o que hai detrás desa gran mentira.

    Por outro lado temos un novo mercado de plantas que asemellan ser saudables  e feiticeiras, como as coles asiáticas que aclaran o sangue, as semillas de quinoa que engrasan o sistema nervioso, a fariña de espelta que da a felicidade… Sen embargo, as grandes cadeas non están dispostas a cederlle o mercado a agricultura ecoloxista, polo que se están empezando a inundar as cidades con grandes mercados “bio” nos que din que se vende saúde.

    A esto hai que sumarlle as numerosas campañas de publicidade que fan diferentes famosos como Angelina Jolie ou Richard Gere nas que teñen como fin que a xente se sume a compra destes productos. Para que isto non siga así, debe haber alguén que desmonte estos mitos como fixo Karin Michels, da Universidade de Harvard. Esta epidermóloga fixo un estudo sobre o aceite de coco do cal se falaban maravillas del e aseguraba que era “veneno puro” e un dos peores alimentos que se podían usar. Neste caso, cando subiu a Internet un video falando deste tema conseguiu ter moitas visitas polo que este método é un dos mellores para concienciar á xente de que non todo o que se anuncia que é bo si que o é.

 

    Conclusión:

    Neste texto vemos as ideas resumidas do que pasa hoxe en día en case todas as industrias alimentarias. Cada vez hai máis casos coma este no que os servizos de venta de alimentos utilizan etiquetas falsas para darlle aos produtos calidades que en realidade non teñen. A maioría da poboación vive enganada e segue pensando que todo aquel alimento que afirma ser bo para a saúde o é en realidade, pero non é así. Co paso do tempo, a sociedade foi cambiando pouco a pouco ata chegar a un punto no que se move por diñeiro. Estas empresas non miran pola saúde nin polo beneficio de ningúen, senon que o que pretenden é engañar a xente dicindo que os seus productos teñen unha gran calidade. Para poder conseguir esto, moitas veces ou a maioría delas recurren á axuda de famosos ou personaxes influentes que incitan á xente a seguir os seus actos. Soe ser frecuente facer este tipo de campañas de publicidade na televisión xa que o ve unha gran parte da poboación pero moito tamén se move polas redes socias apoiadas moitas veces por fotos ou “rutinas” que se crean con ese alimento ao tomalo a certa hora do día diariamente.

    Hai que ter coidado co que se anuncia moitas veces como algo fenomenal para curar ou previr certas enfermidades xa que moitas veces esto non é certo e incluso ás veces poden chegar a perxudicarte. Por exemplo os iogures do colesterol non fan que esto se vaia e poden ter azúcares que lle provoquen danos ao suxeito.

    Se nalgún momento algunha persoa necesita por exemplo perder peso non debe mirar os alimentos que fan baixalo, senon que debe acudir ao seu médico para que este lle receite unha dieta específica. Para este caso deberíase comer variado e cantidades medias, non tomar alimentos como os aceites que anuncian ser os causantes dunha baixada de peso.

 

4 Respostas a “Relixións alimentarias”

  1. adriana moar Dixo:

    Estou moi dacordo con este texto, xa que explica moi ben como funciona apublicidade enganosa, e como fan creer a xente que o que venden e o máis sano, o que adelgaza e etc.
    O que fan debería estar prohibido, xa que esas marcas ou eses productos poden chegar a ser moi perxudiciais cando din que son o mellor. Só podemos fiarnos dos nosos médicos e os profesionais que deverdade entenden as cousas e non facer caso, cando por exemplo queremos tratar unha enfermedade do estómago, e tratámola con productos e alimentos que din que son sans e apropiados para a enfermedade, cando son todo o contrareo.

  2. andrea pichel Dixo:

    Este artigo paréceme moi correcto e completo, xa que nos axuda a entender un pouco mellor o método no que as grandes empresas intentan enganarnos para mercar os seus productos “milagro”.
    Na miña opinión o que deberíamos facer é informarnos mellor e falar cos verdadeiros expertos antes de mercar este tipo de productos. Ao fin e ao cabo, os mellores alimentos, son aqueles dos cales sabemos a súa orixe, os máis naturais, e non necesitamos recurrir á quinoa ou a outros alimentos extranxeiros para obter nutrientes e beneficios que nos poden dar os propios alimentos que nos mesmos cultivamos.

  3. laura montaos Dixo:

    Creo que o tema do que fala este texto é un problema de actualidade que ocorre pola falta de información. A xente merca productos por recomendacións de famosos xa que está desinformada, e dese modo cree todo o que lle din os demais.
    Eu penso que para combatir este problema deberíamos informarnos do que realmente e sano e do que non o é, para así, tendo unha idea xeral do tema poder orientarnos nós mesmos e non facerlle tanto caso as opinións dos demais, que probablemente nos recomendarán un producto polos seus propios intereses persoais.

  4. laura martinez Dixo:

    A verdade é que é moi real o que se di nesta noticia. Actualmente, calquer persoa se cree todo o que se lle di, sexa verdade ou non. Poñamos por exemplo os anuncios, que na súa maioría son publicidade engañosa.
    E así pasa tamén no “campo” dos alimentos, onde nos creemos calquer cousa, xa que, no caso do colesterol é moito máis fácil tomar uns iogures que cho reducen, que privarte de certos alimentos que che provocan a subida do mesmo, pero esas empresas alimenticias están mentindo ao consumidor e polo tanto perxudicando, dunha maneira ou outra a súa saúde.