O darwinismo, unha teoría incompleta

A bioloxía actual correspóndese á selección natural proposta por Darwin e Wallace (mediados do século XIX).

Hai que recordar que a principal clave da selección natural é que os alimentos crecen linealmente mentres que a poboación aumenta exponencialmente (polo que hai moita máis poboación que alimentos para ela), polo que estamos destinados á fame e a escaseza de alimentos.

A selección natural consiste no seguinte. Os xenes varían según cada individuo, xa que ningún sistema de replicación é perfecto, pódese modificar polo propio entorno ou por outros factores mutaxénicos que alteran a súa secuencia. Isto implica que calquer poboación contén variacións nos seus xens e tamén nas súas propiedades externas.

Cando o entorno cambia as novas xeracións aparecerán, por azar,  mellor adaptadas ás novas condicións. Como por exemplo cando a radiación solar, a escaseza de alimentos ou a introdución de novos depredadores aumenta, as novas xeracións renacerán adaptadas. Un inviduo coa pel máis escura, co metabolismo máis lento e coas pernas máis rápidas vivirá un longo período de tempo e polo cal reproducirase máis. Millóns de anos despois solo quedará a descendencia deste individuo, ao fin e ao cabo estarán máis preparados para as circunstancias.

Sen embargo, o darwinismo faino de maneira negativa. As variacións xenéticas son ao azar e a selección natural consiste en matar a os que perderon, aos que non son os mellores. “O interesante (a variación) precede ao importante (a adaptación ao entorno)”.

Tal e como podemos ver cos datos proporcionados sobre os descendentes dos soldados que foron apresados polos sudistas (que foron uns soldados británicos apresados por un buque de guerra estadounidense), o ambiente (a fame, o estrés, o sufrimento) tamén afectan ao xenoma do afectado (incluíndo o xenoma das células sexuales), polo tanto os seus descendentes tamén se verán afectados por esas condicións. Polo que esta variación ten lugar pola presión do entorno, e unha reación comprensible polas esixencias do medio.

Con esto concluimos que o que sobrevive faino gracias á propia sorte, ademais de por mérito, o de cambiar cando as circunstancias o esixen. E esta é a parte que Mendel non predixo e que Darwin nunca imaxinou.

Comentario:

A noticia comentanos en que consiste principalmente o darwinismo, a teoría da selección natural dende o punto de vista de Darwin (os máis fortes permanecen, e os seus descendentes aparecerán con novas adaptacións que farán que estén máis preparados para as circunstancias adversas que poden ocorrer) e dende outro punto de vista que Darwin nunca imaxinaría. Esta teoría queda en dúbida logo de contar cos datos duns soldados que foron apresados; estes mostrannos como o ambiente no que se está tamén afecta ao xenoma e polo cal aos descendentes (e dicir que neste caso, ao contrario que na selección natural este sería unha selección completamente ao azar, quen sobreviva ten sorte).

Estas novas probas, ao poñen en entredito a teoría científico inglés, deixannos cer como ao mellor Darwin non estaba no certo e a teoría da selección natural non é tan acertada como moitos afirman. Isto verase máis adiante cando máis científicos logren atopar máis probas que, ou apoien o darwinismo ou o desaproben.

 

Unha resposta a “O darwinismo, unha teoría incompleta”

  1. raul rios Dixo:

    O darwinismo, a pesares de que foi unha teoría que durante moito tempo solucionou as dúbidas sobre a evolución, a día de hoxe atópase incompleta, xa que non consigue dar explicación a moitos fenómenos dos cales temos constancia grazas aos avances científicos traídos da man da tecnoloxía. A afamada selección natural proposta por este científico inglés non se leva a cabo como el imaxinou, xa que o ambiente no cal se leva a cabo esta selección pode afectar mesmo ao xenoma conlevando consigo un impacto negativo na descendencia que non asegurará a evolución, senon que producirá o efecto contrario, é dicir, poñerá trabas á supervivencia da especie. Correntes científicas actuais postulan que esta selección pode ser levada a cabo ó azar, desbotando así a posibilidade de que esta evolución sexa levada a cabo co fin de mellorar a especie.