A bioxenética

A bioxenética ou tamén chamada “enxeñería xenética” é unha técnica que se encarga de desarollar técnicas, métodos e procedementos que permiten manipular a materia xenética para alterar a información hereditaria dunha célula e propiciar a transferencia do ADN dun organismo vivo a outro, tratando de correxir os defectos xenéticos.

Esta enxeñería trata de solucionar e curar as enfermidades xenéticas (como as infecciosas). Por medio desta técnica os científicos teñen a posibilidade de descubrir a cura do cancro, do virus do sida (VIH), da diabetes ou o Alzheimer entre outros.

A bioxenética pode aplicarse tanto nos animais como nas plantas e por suposto nos humanos tamén.

Este último campo e o que máis nos pode chegar a interesar, científicos que manipulan o ADN para poder alterar embrións, óvulos e espermatozoides para ser capaces de crear humanos modificados xenéticamente coa finalidade de correxir as causas de diversas enfermidades xenéticas.

Ata agora o único experimento realizado con humanos é o feito por He Jiankui (un xenetista chino da Universidade de Ciencias e Tecnoloxía de Shenzhen). Que modificou xenéticamente a dúas xemelgas para previr a contracción do virus VIH, e dicir, o virus do sida. A verdade e que este tema xerou moito revuelo, xa que moitos afirman o experimento como inhumano ou “non ético”.

Hai un proxecto que está mans á obra chamado: Proxecto Xenoma Humano que comezou en 1990 e se considera unha das empresas tecnolóxicas máis ambiciosas da historia e, grazas a el logrouse determinar a secuencia completa dos xenes.

(Todo ser vivo está definido polo seu código de ADN, que ten unha longa cadena de parellas formadas por catro moléculas diferentes. É como un código de barras digital que define ao ser humano e solo as combinacións desas catro moleculas fan a cada ser diferente.)

A enxeñería xenética está catalogada, dende un punto de vista relixioso, unha manipulación das creacións de Deus. polo que moitos líderes relixiosos consideran este tipo de probas como unha aberración antinatural, polo que é obvio que en contra da bioxenética.

O abance da bioxenética aporta ao ser humano coñecemento sobre os seus propios mecanismos vitales, permitindo intervir nos seus xens e modificalos para a evolución da nosa especie. A través destas accións garantízase unha medicina preventiva, podendo así darse diagnósticos prenatales para atopar xens alterados en fetos humanos.

Comentario:

Esta noticia informanos de que é a bioxenética e a que se dedica, pasando polos campos nos que se pode traballar (no campo das plantas, dos animais e tamén no dos humanos). Mencionándonos o experimento realizado por un científico chino a unhas xemelgas, un tema moi reciente, e tamén que nun futuro non moi lonxano grazas a ela se poden chegar a atopar curas de enfermidades agora mesmo “impensables” como pode ser a do cancro, que ata agora non hai un remedio 100% efectivo contra a enfermidade.

Dende o meu punto de vista e, aínda vendo o que pasou coas nenas modificadas xenéticamente, eu estou totalmente a favor deste tipo de experimentos; pódese considerar ético ou non pero se estes experimentos serven para que nun futuro unha gran parte da poboación non sufra estas enfermidades pareceráme ben.