A sonda Chang’e-4 aterrizou na Lúa

    Esta sonda fabricada en China pousouse o pasado 3 de xaneiro na cara oculta da Lúa con total éxito. O vehículo que orbitaba o satélite dende o 12 de decembro disminuíu a súa distancia con respeto a superficie o 30 de decembro, preparándose así para o aterrizaxe.

Para realizar esta operación a nave utilizou o seu instrumental para examinar a zona e buscar o lugar máis apropiado para tocar terra. Cando estaba a uns 4 metros de altitude apagou os motores e pousouse con coidado cerca dun cráter  chamado Von Kármán. Pouco despois de isto, activouse o descenso á terra do robot móbil Yutu-12 que se situou cerca da sonda de aterrizaxe e obtivo as primeiras imaxes.

Durante os próximos días, estes dous vehículos realizaran actividades científicas co fin de investigar o satélite. O tomaterras dispón de 7 instrumentos, incluindo cámaras, que deberá operar durante tres meses polo menos. Por outro lado, o Yutu-2 posee un panel solar e é capaz de soportar presión ao vacío, radiación intensa e temperaturas extremas. Este enviará fotografías e video en tempo real desde a superficie xa que conta tamén con un espectrómetro para captar imaxes infravermellas e dispositivos para obter imaxes  da superficie da Lúa. Mentres, os seus conductores na Terra dirixeno hacia os distintos obxetivos científicos. Estudiaranse o chán e a súa composición, o entorno de radiación e as temperaturas entre outros.

Conclusión:

Esta noticia permitenos intuír que dentro do campo da ciencia interespacial hai máis traballo do que parece. Estas persoas non descansan nunca e están continuamente creando mellores instrumentos ca os anteriores que os leve a novos coñecementos do espacio. Neste caso dedicaronse a construír unhas naves que nestos dias que veñen a continuación vannos permitir saber máis do noso satélite. Esta información é moi valiosa para poder coñecer o que nos rodea e seguir descubrindo novas características propias deste. Pouco a pouco imos sabendo máis cousas do satélite e seguramente no futuro, onde todo esté máis modernizado poderemos averiguar ainda moitas máis cousas.

 

Unha resposta a “A sonda Chang’e-4 aterrizou na Lúa”

  1. laura martinez Dixo:

    A noticia en si informanos de como unha sonda aterrizou na cara oculta da lúa para investigar o satélite, tanto para sacar información do seu aspecto como da súa composición e entorno (como a temperatura ou outros factores). Pareceme unha noticia interesante e importante xa que é a primeira sonda que se logra pousar na cara oculta da lúa, antes descoñecida para nos.