Utilizan as células nai para tratar pacientes con lesión medular

O parciente chamado David Serrano sufriu unha lesión medular aos 17 anos. Agora mesmo ten 46 e formou parte dun proxecto científico para desarrollar un tratamento a base de células nai. Desde o primeiro momento no que se someteu as probas sentiu as pernas máis quentes. Esto quería decir que o seu riego sanguíneo mellorou e a súa estabilidade de cintura para abaixo aumentou. Ainda que o accidente o deixou nunha silla de rodas, hoxe en día é capaz de saír a pasear e de andar na bici.

O fármaco NC1 foi creado polo doutor Vaquero e é un medicamento de terapia avanzada fabricado con células nai do propio paciente. O método consiste na extracción de células nai da medula ósea, un tratamento de separación e de cultivo. Despois, sepárase o medicamento mezclándoas co seu propio plasma sanguíneo. A imolantación faise pola inxección da disolución do plasma e células na medula espiñal e o líquido cefalorraquídeo.

Esta terapia é personalizada, o que a diferencia de moitos outros países e laboratorios. Ao pertencer ao paciente, non se trata dun fármaco comercial, non se producen reaccións de rechazo e a nivel de sistema nervioso, ofrece bos resultados. Tanto a concentración de células como o feito de que cheguen vivas ao paciente é un punto crucial na operación. Ademáis, utilizan pequenas agullas que fan que as células non se aglomeren e traballen de forma adecuada.

Para poder ser tratado hai que ter entre 18 e 65 anos e ter unha lesión medular crónica. Tamén é necesario que a lesión medular sexa parcial xa que a terapia non funciona nos casos nos que a medula foi seccionada por completo. A esto añádeselle unha serie de criterios que se basan en analizar as células para mirar se presentan ou non alteracións cromosómicas.

Comentario:

Esta noticia mostranos a cantidade de melloras que se producen ano tras ano no campo da medicina, igual que moitos outros proxectos que xa foron levados a cabo. Neste caso o paciente sufría unha lesión na médula espiñal que o deixou desde o accidente nunha silla de rodas sen poder moverse. Para a súa sorte, os médicos decidiron operalo con células nai sacadas del mesmo, facendo así que as células danadas se rexenerasen e desen lugar a células sanas; deste xeito, o paciente quedaría libre da súa lesión e podería volver a camiñar.

Para realizar esta práctica utilizaron xeringas moi finas que impedían o paso de moitas células xuntas, o que permitía unha maior precisón na zona onde se introducía e un maior control da cantidade que había que subministrar.

Grazas a estas operacións hoxe en día pódense curar moitas enfermidades que antes eran impensables. Fan que as persoas “volvan a vivir unha vida normal” sen sillas de rodas nin dores, cousa que antes tiñan que aguantar ata a morte.

 

6 Respostas a “Utilizan as células nai para tratar pacientes con lesión medular”

  1. sara areoso Dixo:

    Paréceme este un gran avance na medicina, xa que conseguir que pacientes con lesión medular parcial poidan andar é un logro moi importante.

    Unha das partes máis positivas é que ao utilizar as súas propias células nai non se produce rechazo, o que é moito mellor para o paciente. Por outra banda, ó non ser un fármaco comercial non haberá outros intereses polo medio, que é o que adoita suceder ca maioría dos medicamentos.

  2. raul rios Dixo:

    Como xa se viu noutras entradas, as células nai están a ser unha das terapias e medios de curación de enfermidades máis empregados actualmente debido á capacidade totipotente que algunhas destas células nai teñen para crear e diferenciarse en células constituíntes de calquera tipo de tecido. Isto permite crear diferentes órganos e rexenerar tecidos distintos que permiten a curación do doente, que doutro xeito non podería haber sido curado.
    No caso desta noticia que explica a compañeira, exponse como se conseguiu solventar unha lesión medular grazas á terapia mediante células nai, conseguindo así crear neuronas que permitiron unir de novo a medula, o que fai que a persoa volte a estar habilitada para moverse.
    Para moita xente que actualmente está inhabilitada por mor deste tipo de lesións, e un gran avance ao cal aferrarse para permitir así a súa volta á vida normal, eliminando todas esas dores e padecementos innecesarios, que agora, logo do desenvolvemento da técnica, poderán ser sanados.

  3. andrea pichel Dixo:

    A medida que pasa o tempo vanse producindo cada vez máis avances no campo da medicina. Un problema que fai anos tiña imposible solución, hoxe en día ten tratamento, e como consecuencia, a mellora do paciente.
    Neste caso tratouse dunha lesión medular, pero o amplo campo médico non fai máis que avanzar, co que esperamos que chegue o momento no que todas as enfermidades e este tipo de lesións teñan unha cura.

  4. laura martinez Dixo:

    Este tipo de terapia creo que é un gran vantaxe para xente que sofre lesións deste tipo e que, non teñen a forma de sanarse doutro xeito.
    A verdade é que esta terapia ten moitas vantaxes,como por exemplo que non hai risco de rechazo ou que ofrece case sempre bos resultados.

  5. martin regueiro Dixo:

    Hoxe en día, gracias ao desenvolvemento veloz e eficaz da ciencia, unha persoa que presentaba invalidez (neste caso causada por un accidente) pode chegar a facer vida normal como outra persoa calquera.
    Como se viu anteriormente en outras noticias, a solución para esta enfermidade está nas células nai.
    Isto quere dicir que poida que nun futuro non moi lonxán, todos nós teñamos gardado unha mostra con células nai; polo simple feito de que se nos sucede un caso similar ao de David Serrano, poidamos andar,montar en bici… e non teñamos que estar toda unha vida dependendo dunha cadeira de rodas.

  6. laura montaos Dixo:

    Na actualidade hai un gran número de persoas en todo mundo con lesións medulares, e que polo tanto teñen maiores dificultades no día a día. Esta terapia pode ser moi útil e cambiarlle a moita deles sempre que se encontren entre o rango de idade establecido e teñan unha lesión medular crónica parcial.
    Este tratamento está baseado na aplicación de células nai; as cales son moi importantes para numerosos tratamentos como se está mostrando recentemente.
    Ademais este tratamento ten numerosas vantaxes con respecto a outros xa que ao empregar as súas propias células nai e o seu plasma evítase un posible rexeitamento do tratamento.
    Por último, agardo que se avance máis neste campo e que se logren crear tratamentos simliares para todos os tipos de lesións medulares, para así poder axudar a máis persoas.