AS CÉLULAS NAI, CLAVE DA REXENERACIÓN CELULAR

As células nai constitúen un dos campos de estudo na bioloxía dos cales se coñece información hai non moito tempo. Porende, podemos dicir que son un campo novedoso e novo, que a pesares de estar descuberto xa, aínda precisa de moita investigación futura que poida esclarecer moitos dos misterios que aínda entraña esta discipilina.

Este determinado tipo de células só se atopan nos organismos pluricelulares, xa que para que estas células poidan producir outras integrantes de tecidos de diversa índole, como é lóxico, o organismo debe de estar formado por, cando menos, máis dunha célula; aínda que os organismos que teñen unha dotación baixa en canto ao número de células non presentan estas células tal e como as entendemos na bioloxía e biotecnoloxía actuais.

Estas células presentan unha gran ventaxa con respecto ás outras células, xa que son as únicas que a través de mitose xeran protocélulas que poden especializarse para constituír un membro de calquera nivel tisular do noso organismo. É dicir, que son células que en vez de replicarse e quedarse coa forma idéntica á nai que as xerou por mitose, acaban por adquirir cambios na súa estrutura característicos do tecido do que van formar parte. Outro aspecto positivo deste tipo de células é a súa inherente capacidade de permitir crear aínda máis células nai. Son, para entendernos, clave para a formación de novas células especializadas en tecidos e para a formación de outras células nai que volvan a realizar este proceso, facendo en consecuencia unha cadea de montaxe celular, se se permite a expresión.

As aplicacións destas células na investigación e mesmo na medicina é a creación a partir delas de mesmo órganos completos. Dentro dun indeterminado tempo no cal a ciencia permita maiores avances tecnolóxicos, novos órganos e tecidos poderán ser creados no laboratorio a partires destas células nai, xa que unha vez que se consiguen estas células matriz, podemos crear case calquera célula constituínte de calquera tecido, podendo crear entón un órgano sen complicacións maiores. Aínda así e con iso, as neuronas van a seguir sendo un campo aínda por descubrir, xa que debido á súa imposibilidade en canto á súa propia replicación, este reemplazo por células creadas a partires destas células nai aínda non é posible, e na perspectiva na cal se está orientando a investigación nunca será posible. O sistema nervioso aínda seguirá entrañando moitos segredos e incógnitas pendentes de investigación.

Cabe destacar que non todas as células nai son iguais, xa que presentan distinta potencia celular. Este é o termo que designa a cantidade de células especializadas constituíntes de diferentes tecidos que unha célula nai pode xerar. Así, distinguimos entre totipotentes, multipotentes e pluripotentes. As totipotentes son as máis impresionantes en canto a rexistro científico, xa que son aquelas que poden dar lugar a un organismo completo, o que fai que sexan moi valiosas. A célula totipotente por excelencia é o cigoto. Por outra banda, as células pluripotentes son aquelas que non poden formar un organismo completo, pero sí calquera tipo de tecido dentro dos tres niveis embrionarios, é dicir, fóra do embrión (pacenta…) tanto como dentro. Por último, as células multipotentes son, en xeral, os gametos, que proceden dos esbozos gonadales do embrión. Existe un tipo de células nai, a denominada como unipotentes, que dan lugar a un solo tipo de célula, e son as utilizadas para xerar sangue no caso hipotético de leucemia, e chámanse hematopoyéticas, presentes tanto na médula ósea vermella como no sangue do cordón umbilical dun recén nacido.

Existe unha diferenciación denominada células nai adultas, que son aquelas que podemos atopar nun organismo adulto coa capacidade de diferenciarse, existindo en humanos ata ao redor de 20 tipos distintos de células desta índole.

Comentario:

Como se pode extraer da explicación arriba indicada, enténdese a importancia da obtención destas células, xa que teñen a clave para a síntese de calquera ente celular do noso organismo, coas ventaxa que iso acarrea (crear órganos mediante cultivo, curación de cancros, posibilidade de crear ata organismos completos [cos problemas bioéticos que pode acarrear],…). Para elo, é importante seguir na investigación desta técnica, tendo en conta os diferentes xeitos de obtención deste tipo de células.

A bioética, como en todo o relativo ao campo biomédico, tamén entra neste aspecto. Unha das maneiras máis fiables de conseguir estas células é a través de embrións crioconservados, o que xera un problema ético, xa que se imposibilita a creación dunha nova vida neses entes biolóxicos. Outros métodos de obtención son mediante blastómeros individuais (na cal se extraen células de formacións celulares circulares e ocas nos embrións sen destruilo mesmo), partenoxénese (intentando inducir a reprodución de células nai in vitro mediante procesos físico-químicos) ou obtención de donantes cadavéricos, é dicir, que tamén podemos obter células nai de xente morta, tendo a técnica claramente adecuada.

Isto fai que sexa moi positivo a continuación nesta investigación, o que facilitará as nosas vidas nun futuro grazas aos avances técnicos e científicos que acarrean. Algo que cabe destacar é a importancia e a relevancia de tentar lexislar, xa que de seguro moitos problemas bioéticos acabaran por entrarno debate da opinión pública en dentro de non moito tempo.

Na imaxe, células nai ao microscópio electrónico de barrido. Son células nai embrionarias de rato, que permiten a especialización celular de células en tecidos de diversos tipos mediante transformacións que sufren as células fillas.

imagen

 

 

2 Respostas a “AS CÉLULAS NAI, CLAVE DA REXENERACIÓN CELULAR”

  1. sara areoso Dixo:

    É de suma importancia a obtención destas células xa que, a partir delas, pódense crear novos órganos e tecidos cos que así se poderán atallar tantas enfermidades que a día de hoxe non teñen cura.

    Evidentemente aínda hai moito estudo por diante en relación a esta técnica, debido a que hai diferentes maneiras de obter estas células. Unha das máis fiables é a través de embrións crioconservados, pero isto da lugar a un problema ético porque impide o desenvolvemento dunha nova vida.

    Isto é algo a ter moi en conta xa que xeraría un problema en canto á opinión pública, como adoita suceder nestes casos. Sería moi importante intentar lexislalo.

  2. zaida sanjurjo Dixo:

    Hoxe en dia os avances en canto a utilización de células nai para curar certas enfermidades está sendo todo un éxito. Polo de agora os casos máis graves curados con células nai foron os dos cánceres e os da medula espiñal. En ambos os dous casos se utilizaron estas células para implantalas nos órganos ou tecidos afectados e logo deixaronse evolucionar para ver como se reproducían. Esto resultou funcionar e a partir das nais déronse lugar a fillas idénticas a elas e sanas.
    Por eso podemos dicir que no campo da xenética tamén se dan continuos logros que fan que unha persoa que se atopa entre a vida e a morte logre salvarse e quede sen secuelas.