A Universidade de Vigo lanza un satélite para loitar contra os incendios forestais
“Todo comezou o 30 de novembro de 2007 cando unha exalumna nos invita para participar na nosa primeira experiencia espacial”, narra o profesor Fernando Aguado, director da Agrupación Aeroespacial.
Ese foi o sinal que marcou o comezo da denominada “aventura espacial da Universidade de Vigo” e que cobrou forza en febreiro do 2012, cando se lanzou o picosatélite Xatcobeo, logo o Humsat-D (novembro do 2013), o Serpens (agosto 2015) e agora o Lume-1, un vixía automático que ten a función de loitar contra os incendios forestais.
Os investigadores da Agrupación Aeroespacal reuníronse as tres da mañan deste xoves na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, para ver en directo o lanzamento. O satélite iba a bordo da nave Soyuz, lanzada dende a base espacial rusa de Vostochny (Siberia).
O satélite forma parte do proxeto FireRS de loita contra os incendios forestais e conta cas seguintes características: é un satélite “cubesat tipo 2U” e pesa 2.1 kilos. Dará una volta completa á Terra cada hora e media, polo que pasara entre catro e seis veces diarias por Vigo. A súa principal misión será dar soporte bidireccional a sensores de terra que detectan o lume e aportar unha conexión cos avións non tripulados (UAVs, diseñados por enxeñeiros da Universidade de Porto).
Comentario:
Esta noticia cóntanos como a Universidade de Vigo logrou introducirse no “mundo espacial” a través dunha exalumna.
Lograron fabricar un satélite que se logrou lanzar ao espazo grazas a unha nave rusa (Soyuz) e foi todo un éxito. A súa función principalmente e axudar a detectar incendios, xa que se conecta a uns sensores da terra capaces de detectar o lume así axudando á prevención de incendios.
Dende o meu punto de vista é un obxeto moi útil, polo menos en zonas do mundo onde se producen incendios forestais que chegan a afectar moitas hectáreas como por exemplo aquí en Galicia ou por exemplo en Norte América, onde sería de moita utilidade.
Creo que este “invento” pode cambiar e salvar o mundo dende un punto de vista forestal.
Xoves 10 de Xaneiro do 2019 ás 14:24
Este invento creado recentemente parece que está xenial para sitios como Galicia onde se producen un lote de incendios. Por exemplo, o ano pasado a cidade de Vigo sufriu graves danos que resultaron irreparables nos seus montes debido a este problema.
Ademáis ao mandar a sinal de que se está producindo un incedndio fai que se actúe con máis rapidez e polo tanto que nalgunhas veces se evite a súa expansión.
Avances como estes son moi necesarios hoxe en día e grazas a eles podemos conservar o noso sistema evitando por exemplo mortes de seres vivos ou pérdidas dos cultivos.
Xoves 10 de Xaneiro do 2019 ás 14:29
Paréceme unha noticia moi interesante, xa que ese satélite poderá axudar a combater futuros incendios en todo o mundo.
Ademais o Lume-1 foi lanzado pola Universidade de Vigo; mostrando así os avances da tecnoloxía galega co paso dos anos.
Espero que con este sátelite se consiga reducir o número de hectáreas que queima o lume todos os anos en Galicia; especialmente durante o verán.