A FILOSOFÍA DA CIENCIA - QUE LÍMITES PODE TER A INVESTIACIÓN XENÉTICA?

A ciencia constitúe un dos medios principais que o ser humano posúe para acadar o coñecemento. Pero existen diferentes visións filosóficas encadradas dentro do campo da ética que cuestionan os límites da ciencia. Esta é unha problemática importante, xa que non existe unha visión clara sobre o camiño que adoptar en canto a esto. Por unha banda, temos os cientificistas, que defenden que a ciencia é o único coñecemento racional e, en consecuencia, válido; polo que ningunha visión subxectiva e ética (de menos valor que a ciencia) se pode impoñer sobre o coñecemento e a investigación científica. Outros estudiosos, sen embargo, defenden a importancia que o ser humano ten en canto á ciencia, considerando a mesma como unha actividade que se fai en beneficio do mesmo, subordinándoa a nosa especie. En consecuencia, a mesma debe de ser limitada por valores éticos, xa que defenden a perigosidade que un coñecemento científico non controlado podería chegar a acarrear. Pero aquí ven a problemática, a cal dos dous lles facemos caso?

            A ética é un tema de candente actualidade en canto ao día a día do saber científico, xa que non son raras as polémicas que se forman arredor de novos descubrimentos que se fan, como pasou sen irmos moi lonxe co caso do bebé chinés, o cal naceu xenéticamente modificado. Por iso, a ética é un suxeto de estudo moi complexo e particular, con visións infinitamente polifacéticas que alentan en consecuencia ao conflito.

            A problemática arriba exposta é moi heteroxénea, xa que dependendo do científico ao cal se lle pregunte vaiche a dar unha visión determinada sobre unha polémica en concreto. Referíndonos ao caso do bebé chinés, algúns dirían que é algo positivo para o avance tecnolóxico e necesario para o avance científico, que precisa de “sacrificios” que se impoñan á condición do humano. Pola outra banda, outros científicos dirán que é un tema totalmente equivocado, xa que a ciencia nunca pode supeditarse ao ser humano, deixándo a este último so un papel subordinado ó avance científico. Dirían que se rompeu a liberdade do bebé a decidir, e que de seguir con este tipo de prácticas chegarase a un futuro perigoso no cal as mutacións xenéticas acabarían por formar unha sociedade humana perfecta e homoxénea.

            A investigación xenómica tampouco está exenta deste tipo de polémicas, xa que moitos estudosos afirman a perigosidade que a mesma comporta, xa que se viola a privacidade persoal, revelándolle a laboratorios a información privada do ADN que codifica a vida de calquera individuo. Tal e como Anxo Carracedo afirma, se estas prácticas de mellora xenética cun fin de alterar ao ser humano seguen progresando, poderíase chegar a un futuro utópico como o da película Gattaca, no cal a xente sería discriminada en función da “calidade” ou “grao de perfección” do seu xenoma, algo que de seguro imporía a ciencia sobre o ser humano, chegando incluso a producir problemas sociais e realidades perigosas, que reformularían a concepción que actualmente temos sobre o mundo.

            Tendo en conta todo o exposto anteriormente, debemos de limitar a investigación xenética ou non? Podería chegar a ser perigosa? A polémica está servida.

Comentario:

            Esta noticia recolle un dos temas máis polémicos que refiren á ciencia, un tema que por moito que estudemos nunca se chegará a un consenso, xa que a ética e a filosofía son campos nos cales se imprime unha visión moi persoal, e, sobretodo na ética, visceral tamén.

            Na miña opinión, considero que a ciencia e produto do ser humano, e nunca debe de ser ao revés, xa que senon seríamos monicreques e marionetas da ciencia, suprimíndose a nosa independencia e capacidade de decisión.  

            Pero débense de tomar sempre medidas consensuadas, non extremas, que conxuguen ámbalas dúas visións; tanto cientificistas como éticas. Por iso, non se debe de paralizar a investigación xenética e científica, pero sí poñer límites a calquera modificación xenética que poña en risco a individualidade e o libre albedrío de cada un. A xenética debe de ter un fin curativo e de investigación, non un fin económico que se centre na creación de seres perfectos. A ciencia é positiva, sempre e cando a vexamos dentro dun ámbito limitado.

 

Unha resposta a “A FILOSOFÍA DA CIENCIA - QUE LÍMITES PODE TER A INVESTIACIÓN XENÉTICA?”

  1. sara areoso Dixo:

    Hai tanta controversia sobre este tema, e seguramente será sempre así, que resulta difícil opinar sobre el.

    Aínda que a investigación xenética é moi necesaria e constitúe un avance moi importante no campo da ciencia, tamen é certo que hai que poñerlle límites. Se se emprega para a cura de enfermidades está moi ben, pero cando xa pasa a outros niveis como modificacións xenéticas, clonacións, etc., podería considerarse un terreo perigoso.