Catro trombas mariñas sorprenden aos turistas en Tailandia

Os turistas que escolleron Tailandia como destino das súas vacacións en Nadal, foron sorprendidos pola presenza de catro trombas mariñas ou manga de auga.

Un fenómeno meteorolóxico innusual e que os visitantes da illa asiática de Koh Lipe non esperaban para nada.

As catro xurdiron á vez, como se pode ver nesta foto, avanzando polo mar arredor da praia Sunrise.

imagen

 Unha tromba mariña ou manga de auga é un remuíño xerado sobre a auga, asociado normalmente ás nubes “cúmulus nimbus” que son as que teñen un gran desarrollo vertical.

O fenómeno é semellante a un tornado, pero menos intenso e peligroso para a poboación, xa que adoita crearse en augas profundas e so dura uns minutos.

Adoitan crearse nos cambios de estación, cando chocan correntes de aire frío con aire cálido (que é así como se provoca un torbellino) e tamén cando  hai cambios na presión atmosférica.

Comentario:

A noticia fálanos de que se xeraron catro mangas de auga en Tailandia o pasado Decembro e que, por sorte non afectou moito á poboación, xa que, aínda que se orixinaron preto da costa, non estaban o suficientemente cerca.

Tamén nos explica que son, como e cando se orixinan estes fenómenos.

A verdade é que, aínda que son fenómenos extranos e non se adoitan atopar con facilidade, en España xa contamos con algúns avistamentos, como en Cataluña, Valencia ou as illas Canarias.

Tamén se producen en outos países con costas como Italia, Uruguai ou Venezuela.

 

2 Respostas a “Catro trombas mariñas sorprenden aos turistas en Tailandia”

  1. zaida sanjurjo Dixo:

    Despois de ler isto deduzo que as trombas orixinadas no mar son bastante perigosas para a poboación que se atopa préto delas. Normalmente non soe haber este tipo de riscos meteorolóxicos polo que ainda parecen bastante descoñecidos os efectos reais que poden chegar a causar cando veñen con forza.
    Sen embargo, tanto estas como os tsunamis son riscos moi elevados que poden acabar con miles de vidas e de vivendas. Por iso, sobre todo as islas, teñen máis riscos a sufir un destes problemas con maior gravidade xa que se atopan rodeados únicamente de auga, que é o medio no que se desatan estes fenómenos.

  2. raul rios Dixo:

    La tromba marina o manga de agua es un embudo que contiene un intenso vórtice o torbellino que ocurre sobre un cuerpo de agua, usualmente conectado a una nube cumuliforme. Las trombas marinas se dividen en dos tipos: tornádicas y no tornádicas. Como indica claramente su nombre, las primeras son tornados, ya sea formados sobre el agua o formados en tierra y que pasaron luego al medio acuoso. Las segundas, si bien similares en apariencia, no son tornados.
    Las trombas tornádicas, como en el caso de la noticia, son justamente tornados sobre el agua, cuya formación depende de la existencia del denominado mesociclón, un sistema de baja presión en la escala de 2 a 10 km, que se forma dentro de una tormenta eléctrica muy severa, organizada y persistente denominada supercelda. Este tipo de trombas son más raras, por cuanto los tornados en general se forman en los continentes, donde la fuente de calor superficial y los contrastes de masas de aire son mayores. Los daños que produce un tornado son muy severos, por cuanto implican vientos de hasta 512 km/h. Por eso, se debe de tener precaución ante un fenómeno que puede ser muy dañino.