Que é unha clicloxénese explosiva?

Este fenómeno trátase da formación dunha borrasca de forma repentina.

A cicloxénese é a forma normal en que se forman as borrascas. Díselle explosiva debido a que a formación deste fenómeno non se produce nun espazo de tempo habitual, senon que se fai de forma repentina e abrupta.

Prodúcese cando hai un choque brusco entre un frente moi cálido e un frente moi frío, que en corto tempo se ocasiona unha forte baixada de presión acompañado deses ventos típicos (Poden chegar a alcanzar ventos fortes de ata 100 km/h, e chuvias moi intensas que en cotas atltas poden chegar a ser precipitacións en forma de neve.), aínda que as temperaturas non baixan.

Tamén é coñecido como bomba meteorolóxica, e non é algo frecuente aínda que pode ser devastador en canto a consecuencias.

imagen

Comentario:

A cicloxénese explosiva é un fenómeno que se forma polo choque entre dúas masas de aire (unha moi quente e outra moi fría), facendo así que as presións cambien drásticamente, logo as consecuencias deste choque xéranse moi rápido, polo que por iso se lle chama explosiva, porque actúan moi rápido.

 

3 Respostas a “Que é unha clicloxénese explosiva?”

  1. andrea pichel Dixo:

    Unha cicloxénese é un fenómeno meteorolóxico que se produce ao chocar unha masa de aire quente con outra de aire frío. O encontro das diferentes masas desarrolla rápidamente unha profunda borrasca nun período moi corto, dando lugar a ventos moi intensos e fortes choivas.
    Unha nova borrasca chegou a Galicia a principios de xuño, a cicloxénese explosiva coñecida polo nome de “Miguel”, que trouxo consigo ventos de ata 120 km/h, olas de ata sete metros de altitude e intensas choivas.

  2. zaida sanjurjo Dixo:

    Xa co nome de cicloxénese “explosiva” entendemos que non debe ser moi boa, e estamos no certo. O nome deriva de que é unha borrasca que actúa de maneira inmediata. A cicloxénese que tivo lugar fai uns días aquí en Galicia deixou grandes destrozos á causa do aire; árbores arrancadas, colectores do lixo rotos, sinais caídas…
    Todo isto foi por mor dun choque entre dúas masas de aire con distintas temperaturas que actuou rápidamente deixando choivas e ventos de ata 120km/h.

  3. laura montaos Dixo:

    Malia que a cicloxénese explosiva non é un fenómeno moi frecuente, en Galicia estamos bastante acostumados aos efectos que esta repentina borrasca trae con ela.
    Este mes, a cicloxénese explosiva Miguel pasou por Galicia aínda que apenas causou estragos. Pero isto non é o habitual xa que estes fenómenos poden causar inundacións, desbordamentos de ríos, caídas de árboles, desprendementos de terra, grandes rachas de vento, ondas de gran altura…