Así será a chegada dos taxis voadores

Estímase que a chegada destes vehículos será aproximadamente en cinco anos.

Uber espera anunciar a chegada deses taxis , o próximo 9 de xullo (comezando en cidades como New York, Melbourne, Dallas ou Los Ángeles, lugares onde xa se tiña previsto provar os coches voladores en 2020, previndo así o seu uso comercial arredor de 2023). Ao facelo están dando a entender que este proxecto é unha realidade, non simplemente un diseño innovador.

Un dos primeiros problemas que se nota deste tipo de transporte, ao igual que os drons, é a necesidade de un “sistema de tráfico aéreo”, que axude a  que non se produzan incidentes.

imagen

De feito o día no que se comecen as probas, aos “usuarios leales” de Uber apareceralle a opción do “UberCopter” para ir cara o aeroporto John Kennedy, pero outro dos problemas sería o prezo, xa que este traxecto que acabo de mencionar, costaría arredor de 200 euros (aínda que unha das vantaxes é que se podería chegar a reservar cuns días de antelación).Outra vantaxe que claquera podemos observar é que axudaría moito ás grandes cidades (como Melvourne ou Los Ángeles) no tema do tráfico, xa que son zonas onde o crecemento da poboación é moi notable, polo que os vehículos tamén aumentan.

Aínda que non todo é bo. A compañía enfrontase con tres grandes retos:

1. Que rutas priorizar e onde poñer os “portos de ceo”.

2. Como lograr que os recorridos sezan compartidos para facelo viable.

3. Lograr vehículos verdes, seguros e silenciosos.

O plan principal de Uber é encher o ceo de coches voadores con rutas fixas entre lugares que realmente conteñan moito tráfico (en lugares como México, os habitantes pasan de media 5 semanas ao ano en atascos); combinando os seu plan aéreo con coches, bicicletas e patinetes, polo que o ceo será unha parte da plataforma xeral de transporte da compañía.

O novo obxetivo é “megaeroportos de ceo con mil aterrizaxes e despegues por hora”, cuns prezos que máis ou menos sexan iguais que o que coste actualmente un Uber X, o que faga que ter un coche propio sexa máis caro que utilizar coches voadores. A compañía afirma que os seus enxeñeiros están traballando neses portos para telos listos en 2023.

Os taxis de momento levarán piloto e catro plazas. No futuro provablemente sexan autónomos, pero a sensación de seguridade que ofrece un pilote é imbatible para a aceptación xeral do público.

Comentario:

Esta noticia fálanos de como Uber está desarrollando uns táxis voadores que, no 2023 serán un dos principais métodos de transporte (xa que pretenden reducir o prezo de cada viaxe de forma que sexa máis custoso ter un coche que coller eses taxis).

Principalmente será un coche con catro plazas e un conductor, aínda que ten algúns inconvintes xa que, ao principio, o custo de cada viaxe sería elevado, habería que facer un “sistema de tráfico para o ceo” (ademáis de moitos portos para os mesmos) e que os vehículos sexan verdes, seguros e silenciosos.

Dende o meu punto de vista creo que pode ser posible dentro deses anos, aínda que máis ben en España poucos se implantarían, xa que estes están destinados a combatir os atascos que hai nas cidades máis poboadas e concentradas, e creo que aínda que en Madrid e Barcelona poidan chegar a facer falta vexoos necesarios en outros lugares (como New York ou Londres por e

 

 

5 Respostas a “Así será a chegada dos taxis voadores”

  1. zaida sanjurjo Dixo:

    Como vemos hoxe en día as empresas de automoción están levando a cabo moitos proxectos onde case todo teñen como fin innovar os seus medios de transporte. Neste caso a empresa Uber fixo un taxi parecido ao normal só que neste caso boa e é conducido polo aire.
    O inconveniente que ten isto é que, cando teña os seus comezos, vai costar moitos cartos polo que non terán moitos clientes pero só é cuestión de tempo ata que se implanten en todo o mundo e se volvan máis económicos.

  2. adrian bocija Dixo:

    Igual que en la noticia anterior el plan de Uber es llenar el cielo de coches voladores con rutas fijas entre lugares especialmente congestionados y combinar su plan aéreo con coches, las bicicletas y patinetes. El cielo será una parte de la plataforma general de transporte de la compañía.
    El objetivo para el aire a medio plazo es megapuertos de cielo con mil aterrizajes y despegues por hora.Para ese objetivo no sirve solo la azotea de un rascacielos, como si fuera un helipuerto, sino edificios específicos con espacio para montones de coches voladores.
    En mi opinión estos taxis voladores son una innovación para los transportes, pero tienen una serie de inconvenientes que hacen que de momento no sean rentables. Por ejemplo hacen demasiado ruído, no son demasiado seguros y ademas son bastante caros.

  3. andrea pichel Dixo:

    A seguinte noticia fálanos dun posible novo medio de transporte: os taxis voadores. A día de hoxe, os problemas de tráfico non só implican unha pérdida de tempo, senon que tamén traen consigo grandes costes económicos e medioambientais. Para a industria aeronáutica a solución está no transporte aéreo de baixa altitude.
    Creo que a aparición dos taxis voadores é un proxecto moi complexo, xa que aínda que serían moi beneficiosos para o medio ambiente, conlevan bastantes dificultades. Este novo medio de transporte podería ser unha boa idea naquelas grandes cidades onde o tráfico é inmenso, en cambio, considero que son pouco útiles se falamos de pequenas vilas.

  4. laura montaos Dixo:

    Paréceme que estes taxis poderán ser moi útiles para evitar o gran problema que son os atascos.
    Malia que o seu prezo é elevado, aforran tempo algo que é impagable. Polo tanto eu creo que poden chegar a ter un gran futuro.
    Aínda que vai ser moi complicado crear un sistema para que estes taxis voen de forma ordeada e sexan seguros, se se consegue as películas de ciencia ficción nas que se vían coches voadores pasarán a ser máis reais.
    Pero para poder observar a estes taxis voadores levando pasaxeiros ata un aeroporto aínda teremos que esperar arredor duns cinco anos.

  5. sara areoso Dixo:

    Esta noticia é moi interesante xa que, o desarrollo dos taxis voadores constituirá un avance moi notable. Especialmente, facilitará a vida de toda esa xente que sofre grandes atascos no seu día a día, algo que constitúe un gran inconveniente para moitos aspectos como o traballo, etc.

    Aínda queda moito traballo por diante para facer rentable este sistema pero non cabe dúbida de que se conseguirá máis rápido do que esperamos.

    Quizais en España non teña tanto futuro, xa que os atascos non son tan colapsadores como para necesitar ir voando.