Que é unha clicloxénese explosiva?
Este fenómeno trátase da formación dunha borrasca de forma repentina.
A cicloxénese é a forma normal en que se forman as borrascas. Díselle explosiva debido a que a formación deste fenómeno non se produce nun espazo de tempo habitual, senon que se fai de forma repentina e abrupta.
Prodúcese cando hai un choque brusco entre un frente moi cálido e un frente moi frío, que en corto tempo se ocasiona unha forte baixada de presión acompañado deses ventos típicos (Poden chegar a alcanzar ventos fortes de ata 100 km/h, e chuvias moi intensas que en cotas atltas poden chegar a ser precipitacións en forma de neve.), aínda que as temperaturas non baixan.
Tamén é coñecido como bomba meteorolóxica, e non é algo frecuente aínda que pode ser devastador en canto a consecuencias.
Comentario:
A cicloxénese explosiva é un fenómeno que se forma polo choque entre dúas masas de aire (unha moi quente e outra moi fría), facendo así que as presións cambien drásticamente, logo as consecuencias deste choque xéranse moi rápido, polo que por iso se lle chama explosiva, porque actúan moi rápido.
Sábado 15 de Xuño do 2019 ás 21:48
Unha cicloxénese é un fenómeno meteorolóxico que se produce ao chocar unha masa de aire quente con outra de aire frío. O encontro das diferentes masas desarrolla rápidamente unha profunda borrasca nun período moi corto, dando lugar a ventos moi intensos e fortes choivas.
Unha nova borrasca chegou a Galicia a principios de xuño, a cicloxénese explosiva coñecida polo nome de “Miguel”, que trouxo consigo ventos de ata 120 km/h, olas de ata sete metros de altitude e intensas choivas.
Domingo 16 de Xuño do 2019 ás 16:28
Xa co nome de cicloxénese “explosiva” entendemos que non debe ser moi boa, e estamos no certo. O nome deriva de que é unha borrasca que actúa de maneira inmediata. A cicloxénese que tivo lugar fai uns días aquí en Galicia deixou grandes destrozos á causa do aire; árbores arrancadas, colectores do lixo rotos, sinais caídas…
Todo isto foi por mor dun choque entre dúas masas de aire con distintas temperaturas que actuou rápidamente deixando choivas e ventos de ata 120km/h.
Domingo 16 de Xuño do 2019 ás 19:15
Malia que a cicloxénese explosiva non é un fenómeno moi frecuente, en Galicia estamos bastante acostumados aos efectos que esta repentina borrasca trae con ela.
Este mes, a cicloxénese explosiva Miguel pasou por Galicia aínda que apenas causou estragos. Pero isto non é o habitual xa que estes fenómenos poden causar inundacións, desbordamentos de ríos, caídas de árboles, desprendementos de terra, grandes rachas de vento, ondas de gran altura…